Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo organiza a Festa do Sombreiro 2023 con moita música e premios

Por 30 Setembro, 2023Outubro 1st, 2023Sin comentarios

Ribadeo celebra o próximo 6 de outubro a súa Festa do Sombreiro. O evento, celebrado na rúa San Francisco, dará comezo ás 18.00 horas cunha festa infantil para os máis pequenos. A partir das 21.30 os que se acheguen poderán disfrutar dunha verbena da man de de Nuevo Ritmo.

O evento tamén contará coa actuación da cantante mexicana Betty Singh, que achegará o seu espectáculo a partir das 23.00 horas. A entrega de premios ao mellor sombreiro celebrarase ás 00.00. O broche de ouro desta primeira xornada será a actuación de Pablo Valdés e o seu trío que interpretarán versións dos anos 60,70 e 80.

Na última xornada desta celebración, o sábado 7 de outubro, os que se acheguen á rúa San Franscisco poderán disfrutar da música de Cantos da Taberna coa que se pecha esta edición da celebración.