Skip to main content
Viveiro

Viveiro en marcha contra o cancro, celebrarase este domingo e será de cinco quilómetros

Por 8 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro acolle este domingo a andaina solidaria Viveiro en marcha contra o cancro. Será unha andaina de cinco quilómetros que partirá ás 10.00 horas desde Fonte de Covas e chegará ata a praza do Náufrago, en Celeiro, onde se entregará aos participantes froita e auga.

A andaina foi presentada esta mañá pola alcaldesa, María Loureiro; a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez; Domingo González López, en representación da Asociación Beiras de Viveiro; Andrea Casais Amor, psicóloga da Asociación Española contra o Cáncer, e Rocío Fernández Alonso, traballadora social da Asociación Española contra o Cáncer.

Conta co patrocinio de Solans de Cabras e a colaboración do Concello de Viveiro; Distribuciones Carreiras; Frutas José; Asociación Beiras de Viveiro; Puerto de Celeiro, e Mimos.

Inscricións presenciais na estación de servizo de Celeiro; Encantos Moda Íntima; Mercería Silvia; Farmacia Casariego Baamonde; Cobelinha; Farmacia Ortopedia Dolores Casariego; Tejiendo sueños, e Don Balón. Tamén é posible inscribirse escaneando o código QR do cartel.