Skip to main content
Mar AMARIÑAXAViveiro

A escola de mergullo de Viveiro organiza un curso sobre o patrimonio cultural subacuático

Por 13 Setembro, 2023Sin comentarios

A escola de mergullo de Viveiro organiza para o vindeiro sábado 23 de setembro un curso sobre o patrimonio cultural subacuático.

Este taller será aberto ao público e contará con teoría e unha visita ao laboratorio de Fedas, Federación Española de Actividades Subacúaticas, en Viveiro. Así mesmo haberá unha inmersión nun pecio, que só será para mergulladores.

Este curso está acreditado pola Federación Española de Actividades Subacúaticas, e impartido por profesionais arqueólogos subacuáticos.

Para máis información será necesario poñerse en contacto no teléfono 638 378 631.