Skip to main content
Viveiro

O PP de Viveiro urxe ao Goberno local a solucionar os problemas de subministro de auga potable en Galdo

Por 15 Setembro, 2023Sin comentarios

Mariña Gueimunde urxe ao Goberno local a solucionar de forma inmediata os problemas de subministro de auga potable en Galdo.

“Os veciños do núcleo de Fornela, na parroquia de Galdo, non poden consumir directamente a auga da traída municipal”, di a voceira do PP, Mariña Gueimunde, isto débese “á probada incapacidade” de xestión da alcaldesa para adoptar as medidas necesarias para garantir, como é a súa obriga, o subministro de auga potable. 

“Á vista de tan grave problema”, a popular manifesta que “esta é unha mostra máis da falta de rigor na xestión que leva a cabo a rexedora socialista. O subministro de auga potable é unha obriga dos Concellos. E para elo teñen que ter as infraestruturas necesarias para asegurar a captación, potabilización e distribución nas debidas condicións. Está claro que a alcaldesa non fixo os deberes cando tocaba facelos e agora son os nosos veciños, neste caso os de Fornela, os que sofren a súa falta de traballo”, remarca.

COMPENSACIÓNS ECONÓMICAS PARA OS AFECTADOS

O voceira popular indica que todos os usuarios do abastecemento teñen que pagar “relixiosamente” as cantidades correspondentes á prestación deste servizo polo Concello. Por iso, e dado que, nas actuais circunstancias, o servizo non cumpre as condicións mínimas, reclaman ao goberno local que considere a posibilidade de aplicar medidas económicas compensatorias.

Gueimunde advirte que, en previsión de algo semellante puidese acontecer, o pasado día 6 o Grupo Municipal do PP preguntou ao Goberno local polo cronograma de actuacións a realizar en distintas parroquias ata final de ano, tendo en conta que no acordo programático de apoio do grupo Por Viveiro á investidura da socialista figura no punto número 7: Inversiones de 300.000 euros al año en actuaciones en las parroquias, e o BNG manifestou tamén publicamente a atención ás parroquias como unha das súas prioridade. Pero a resposta dada polo equipo de goberno foi, segundo apunta, “un escándalo”.

“Que a contestación á pregunta referida no pleno sexa que Medio Rural prepara un mapeo do Concello para optimizar e planificar o mantemento viario, parécenos un despropósito”; de aí que conclúan que “os gobernantes de Viveiro non se enteran nin se entenden entre eles. Só se poñen dacordo para sentarse no sillón, pois á hora de estar no terreo e dar solucións e respostas ás necesidades dos veciños, miran para outro lado”.

“Lamentamos profundamente o que están a vivir os veciños afectados de Fornela. É unha situación impropia do século XXI que amosa que o goberno local está a todo menos a traballar e a dar servizo aos viveirenses. Dende logo non o merecen e así o queremos trasladar publicamente”, insisten.