Skip to main content
Viveiro

A Biblioteca de Viveiro acolle unha mostra da Asociación Síndrome de Down Lugo

Por 30 Setembro, 2023Sin comentarios

A sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro acolle unha mostra da Asociación Síndrome de Down Lugo, con motivo do XX aniversario da implantación da metodoloxía de emprego con apoio por parte da Federación Down Galicia.

A exposición está composta por 12 paneis informativos, dirixidos tanto ás empresas como á poboación en xeral, co obxectivo de sensibilizar e romper estereotipos sobre as persoas con diversidade e o mercado laboral.

Na inauguración interviu María Isabel Casanova, que contou a súa experiencia traballando nun McDonalds, e estiveron tamén Paula e Marta, alumnas en prácticas que traballan desde hai semanas na área de Servizos Sociais e na recepción do concello, respectivamente.

“Moitas grazas, Paula e Marta, polo voso traballo”, afirmou María Loureiro, que comprometeuse “a seguir traballando conxuntamente coa Asociación Síndrome de Down de Lugo para garantir a igualdade e a inclusión das persoas con diversidade funcional. Exposicións como esta son fundamentais para visibilizar o seu traballo diario”.

“É unha tarefa de toda a sociedade promover unha cultura empresarial que entenda a diversidade como un activo xerador de valor social e económico. Por suposto, aquí as administracións públicas temos tamén moito que dicir, impulsando as contratacións das persoas con diversidade funcional e colaborando de forma activa coas entidades que traballan a diario con elas”, engadiu a alcaldesa.