Skip to main content
Deportes LUGOXAO Corgo

O Trofeo Jesús Lence de fútbol chega á súa IV edición no Corgo

Por 12 Setembro, 2023Sin comentarios

Este sábado, 16 de setembro, no campo de fútbol municipal do Corgo, terá lugar o IV Trofeo Jesús Lence onde, este ano, o CD Corgo, xunto co AD Castro Roldas e o Páramo SD disputaranse o trofeo.

Os partidos darán comezo ás 17.00 horas co Catro Roldas-Corgo e seguirán unha hora despois co Páramo-Castro Roldas. Tralo último enfrontamento do triangular, unha hora despois, será a entrega de trofeos, ás 20.00 horas.