Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Novos éxitos para o Biosbardo nas citas de Canfranc

Por 12 Setembro, 2023Sin comentarios

Canfranc (Huesca), no corazón pirenaico, acolleu dentro do seu macroevento dúas probas importantes, a Copa do Mundo de Mountain Running e o Campionato de España de Trailrunning en categoría Master e onde o Biosbardo colleitaron novos éxitos.

Fantástica a actuación do deportista Emilio Montilla, de Merza (Vila de Cruces, Pontevedra), cun tempo total de 3h 15 minutos, brindándolle así un terceiro posto de categoría que loitou ata a mesma liña de meta.

A proba constou dun total de 26 quilómetros moi duros: unha primeira ascensión desde Canfranc ata o Ibon de Ip, a 2.115 metros de altitude km10, cun tramo medio moi rápido ata o Carretón, facendo unha subida moi dura ó pico La Moleta, a 2.572m en menos de 2 quilómetros. Nos tramos máis altos foi donde Emilio acadou a maior vantaxe, adiantando posicións e consolidándose dentro do “top 3” da categoría na cima pirenaica.

O último descenso a Canfranc constou de 10 quilómetros moi técnicos polo val de Izas, donde non só defendeu a posición senón que se achegou por pouco á segunda praza de categoría. Os datos do percorrido impresionaban: 25,8 quilómetros con case 3400 metros de desnivel acumulado.

Estrea impresionante do deportista cruceño na súa estrea como atleta biosbardo coroándose como 3º de España na categoría M50.

Pola súa parte, Iván Sangiao, tamén desputou o campionato, na categoría M35 finalizando 9º absoluto e 4º de categoría.

Ambos os dous deportistas quedaron con moi boas sensacións e unha análise do percorrido que lles permitirá afrontar con garantías o Mundial Master 2024 que se realizará, precisamente, en Canfranc.

COPA DO MUNDO

A proba raíña da competición era a Copa do Mundo de Mountain Running, que congregaba a gran parte da élite mundial nun percorrido espectacular de 16k e 3000 metros de desnivel acumulado. O noso representante, que doblaba participación, foi o rabadense Iván Sangiao, que rematou no posto 18 absoluto sendo nembargantes a mellor participación galega na modalidade “Classic” na historia das Carreiras de Montaña. A competición foi dominada polo marroquí Adil Moussaoui e a keniana Joyce Njeru.