Skip to main content
Antas de Ulla

Antas será a terceira xornada viaxeira do Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa o 14 de outubro

Por 21 Setembro, 2023Outubro 18th, 2023Sin comentarios

Despois do gran éxito da apertura en Friol, con 135 participantes, e da boa acollida da segunda experiencia en Guntín, Antas de Ulla acollerá a terceira xornada viaxeira Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía.

Esta cita será o 14 de outubro e contarán que volverán a reunirse historia, cultura, natureza, gastronomía e música tradicional.

Este proxecto engloba a 10 concellos das comarcas de Lugo e as Terras da Ulloa (Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade) nos que nos vindeiros meses irán facéndose xornadas de presentación do que é un proxecto a longo prazo para poñer en valor as riquezas do territorio, e ao mesmo tempo promover vínculos sociais e culturais tanto de proximidade como con visitantes de máis lonxe que se animen a participar.

As inscrición para esta actividade é gratuíta, e pode facerse a través do correo info@comarcadelugo.gal e do teléfono 982 238 000