Skip to main content
Antas de Ulla

Iniciarse no teatro dende pequenos en Antas de Ulla

Por 30 Setembro, 2023Sin comentarios

O Grupo de Teatro de Antas de Ulla dá a benvida ao outono coa organización de dous grupos de teatro para os máis pequenos. Estas actividades, que xa contan coas inscricións abertas, celebraranse todos os martes a partir do mes de outubro e pretenden achegar a arte escénica e animar á xuventude a subirse a un escenario.

O grupo infantil, dirixido aos nenos e nenas de máis de tres anos, terá lugar de 15.15 a 16.15 horas.  Pola súa parte, o grupo xuvenil terá unha cita os martes de 16.15 a 17.15 horas. As inscrición para este curso 2023/2024 deberán facerse chamando ao 618 625 353 ou ao 626 645 875.

Deste xeito, dende a asociación cultural destacan todos os beneficios que ofrece o teatro nos nenos e nenas, pois desevolven a imaxinación e a creatividade, aumenta a súa autoestima, ensínalles a coñecer e controlar as súas emoción e aprenden a desenvolverse entre o público. Ademais, subirse a un escenario tamén lles amosa aos rapaces e rapazas o traballo en equipo, fortalece a súa comprensión lectora, permítelles actualizarse en materias coma a lingua ou a historia, melloran a súa concentración e atención, mentres aprenden valores como a tolerancia, a empatía ou o respecto.