Skip to main content
Castroverde

O BNG de Castroverde propón que o programa de Tardes sexa gratuíto

Por 27 Setembro, 2023Sin comentarios

“No BNG cremos que os programas de conciliación son moi importantes nos tempos actuais onde se traballan moitas horas e moitas veces non é compatible o traballo coa crianza dos fillos ou o coidado das persoas maiores, por iso presentamos unha proposición no pleno deste vindeiro xoves 28 de setembro para que deixe de existir discriminación entre os usuarios do programa de conciliación das mañas e das tardes”, así o manifestou a concelleira Iria Castro. “É a obriga das administracións municipais proporcionar á veciñanza instrumentos eficaces de conciliación, isto é algo atractivo para fixar poboación e para evitar o abandono do rural”, engadiu.

A concelleira fixo fincapé en que “non entedemos que haxa oferta de dous programas totalmente diferentes (un pola mañá, totalmente gratuíto e outro pola tarde, de pago e cun número mínimo de crianzas) seguindo criterios completamente diferentes”.

Afirma que este programa de Tardes podería encaixarse dentro do Plan Único da Deputación e así ter as mesmas garantías que o programa das mañás.

“A importancia da conciliación non se dá só pola maña, pola tarde as familias tamén precisan deste programa nas mesmas condicións, e todos os días da semana. Cal e o motivo desta discriminación?”, pregunta Iria Castro.