Skip to main content
O Corgo

O venres 22 haberá na biblioteca do Corgo un encontro co escritor de ‘O Conserxe’

Por 9 Setembro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

O vindeiro 22 de setembro organízase un encontro das personas lectoras co escritor Xosé Luis Vázquez Somoza, para falar da súa obra O Conserxe. Terá lugar ás 20.00 horas na biblioteca do Palco que é un punto de atención á lectura do Corgo.

Xosé Luis Vázquez Somoza é un escritor licenciado en Filoloxía que gañou en 2009 o premio de investigación Condado de Pallares, ademáis foi catedrático de Lingua e Literatura galega no IES Lucus Augusti.

En 2021 publica O Conserxe, a obra da que estará a falar este venres.

A vida nun IES de nova creación vese alterada por un acontecemento dramático: aparece o cadáver de Iria García, unha alumna de 1º de Bacharelato, colgado no aro dunha canastra. As protocolarias investigacións policiais e xudiciais conclúen, segundo o criterio do conserxe, cun desacertado informe de posible suicidio. A partir de aquí comezan as indagacións oficiosas do propio conserxe, co visto e prace da directora do centro, para tratar de esclarecer as circunstancias da morte da rapaza. Son case dúas semanas de pescudas que ofrecen unha visión excitante do mundo académico, que percorre todos os ambientes, e nos que se ven implicados os diversos colectivos do ámbito educativo, desde o persoal docente, non docente, familias e a mesma sociedade.