Skip to main content
O Corgo

Convócase un novo taller para as persoas maiores no Corgo

Por 12 Setembro, 2023Sin comentarios

O concello do Corgo acollerá este mércores, día 13 de setembro, de 11.00 a 14.00 horas, diante do centro sociocultural da localidade, a iniciativa Enredando Tour R en colaboración con Cruz Vermella Española, de Lugo.

Esta iniciativa pretende acadar unha mellor integración dixital das persoas maiores a través de diferentes talleres formativos que poidan facilitarlles o uso das novas tecnoloxías. Como, por exemplo ensinarlles a usar as aplicacións de banca móbil, pedir cita médica a través do móbil, ensinarlles a buscar algo en internet, mandar un correo, un whatsapp, etc…