Skip to main content
O Corgo

Legua Dereita abre as aulas de música e baile tradicional

Por 20 Setembro, 2023Sin comentarios

O colectivo cultural Legua Dereita do Corgo xa ten en marcha o curso 2023/2024. Así, este ano organiza clases de baile, gaita, tambor, pandeireta e acordeón, para todas as idades e todos os niveis.

Terán lugar a partir de outubro e xa está aberto prazo de inscrición, que pode facerse no teléfono 659 779 462, onde tamén darán información sobre estas formacións.