Skip to main content
O Corgo

O Corgo organiza dúas actividades literarias o sábado

Por 21 Setembro, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado 23 de setembro, por iniciativa do Proxecto Corgoral, terá lugar na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo dúas actividades programadas, unha dobre presentación literaria e unha charla de temática histórica.

Ás 18h, Eladio Castedo, escritor corgués e veciño de Chousa, dará a coñecer as súas dúas últimas creacións literarias: La rosa del azafrán e Parejo al tiempo. O autor conversará co público asistente sobre os seus libros e sobre o proceso da escrita desde unha
perspectiva autodidacta.

Ás 19.00 horas será o turno de Xosé Luís Pérez Castro, avogado corgués e veciño de Sabarei, quen impartirá a conferencia titulada Galicia: un nome para dous reinos.

Neste faladoiro, acompañado por numerosa cartografía histórica, disertará sobre as varias Galicias europeas: a ibérica e a eslava, salientando as súas semellanzas e diferenzas.