Skip to main content
O Corgo

O Corgo inicia en outubro un curso de prevención da man do ISSGA

Por 26 Setembro, 2023Sin comentarios

No concello do Corgo convocarase un curso organizado polo ISSGA sobre a prevención de riscos laborais no manexo da motoserra e rozadoira. Serán os días 9, 10 e 11 de outubro de 15.30 a 20.30 horas cunha duración de 15 horas presenciais. Este curso terá carácter gratuíto e, ao remate, o ISSGA expedirá un certificado de asistencia ao alumnado.

As persoas que queiran inscribirse, deberán facelo antes do día 5 de outubro no Centro Sociocultural do Corgo en horario de mañá ou no mail issga.formación@xunta.gal, achegando unha copia do DNI e o formulario correspondente que se recolle na web.

Para máis información, pódese consultar nos teléfonos 981 551 704, 659 515 371, 982 302 377 e 620 731 543 ou na web do ISSGA http://issga.xunta.gal.