Skip to main content
A Fonsagrada

Abre a preinscrición nas actividades para adultos do Concello da Fonsagrada

Por 1 Setembro, 2023Sin comentarios

O venres día 1 abre o prazo de preinscrición na nova programación das actividades para adultos do concello da Fonsagrada. Este prazo estará aberto ata día 22 de setembro de 2023.

Para facer esta preinscrición haberá que escribir un email a actividadesfonsagrada@gmail.com enviando o folleto cuberto e asinado que hai na web.

As actividades nas que poderán inscribirse son pilates, ioga, e bailes de salón e latino. As prazas son limitadas segundo orde de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello da Fonsagrada. As tarifas para o trimestre de cada actividade son de 60 euros.

As clases de pilates serán no antigo IES dous días á semana, luns e mércores de 19.00 a 20.00 horas, as de ioga serán luns e mércores de 20.15 a 21.15 horas, e as de baile os martes de 21.00 a 22.30 horas.  As clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas agás en baile que serán 20 persoas.

Para máis información sobre estas actividades, pódese chamar aos números de teléfono 982 34 02 45 e 982 34 00 00. Outra opción é enviar un correo electrónico ao enderezo: cultura@afonsagrada.org