Skip to main content
A Fonsagrada

A casa da cultura da Fonsagrada acolle unha exposición sobre Castelao

Por 3 Setembro, 2023Sin comentarios

A casa da cultura da Fonsagrada acolle unha exposición sobre Castelao que se inugurará o venres 8 de setembro ás 10.00 horas e poderá visitarse ata o 9 de outubro.

A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA; tamén obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Así e todo, pódense ver 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, tamén se pode ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

Organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia – Xunta de Galicia, a exposición Castelao grafista (facsímil) é o proxecto máis ambicioso para dar a coñecer e difundir a obra e o pensamento de Castelao nos cinco continentes.

Esta exposición enmárcase en Cultura por alimentos, unha iniciativa de Afundación en prol de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). O acceso será a cambio da entrega dalgún alimento non perecedoiro, que irá destinado ao banco de alimentos de Lugo.