A veciñanza da Fonsagrada contará a partir do 18 de setembro cun curso de ioga e que se estenderá durante todo o inverno.
Esta actividade terá lugar na aula 3 do IES Vello a partir das 20.00 horas e para participar non é necesaria a previa reserva.
O ioga é unha práctica saudable que, segundo os que a practican, contribúe a conseguir un equilibrio entre a mente e o corpo.
