Skip to main content
A Fonsagrada

A Fonsagrada acollerá unha acción formativa sobre aproveitamentos apícolas en zonas de montaña

Por 17 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada acollerá o martes 19 setembro unha acción formativa sobre aproveitamentos apícolas en zonas de montaña.

Está destinada ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e forestal, en especial mozo/as do medio rural galego.
terá unha duración de 8 horas e serán en horario de 9.00 a 13.30 e de 14.30 a 19.00 horas. Para participar será necesario anotarse na Oficina Virtual de Medio Rural.