Skip to main content
A Fonsagrada

Última semana para anotarse nas actividades do Concello da Fonsagrada

Por 18 Setembro, 2023Sin comentarios

Última semana para anotarse nas actividades de pilates, ioga e bailes de salón e latinos do concello da Fonsagrada. O venres 22 de setembro remata o prazo de preinscrición na nova programación das actividades para adultos.

As clases de pilates serán os luns e mércores de 19.00 a 20.00 horas e despois serán as de ioga. As de bailes de salón celebrarnse os martes de 21.00 a 22.30.

A preinscrición deberase facer no enderezo electrónico actividadesFonsagrada@gmail.com enviando o folleto cuberto e asinado que hai na sección novas da web.

As prazas limitadas segundo orde de preinscrición tendo preferencia as persoas censadas no Concello da Fonsagrada