Skip to main content
Lugo

O BNG denuncia falta de medios da Xunta para a retirada de niños de velutina

Por 1 Setembro, 2023Sin comentarios

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza Carme Aira denuncia mediante unha batería de preguntas no Parlamento Galego a falla de medios en Lugo para a retirada de niños de avespa velutina, .

A parlamentaria nacionalista critica a falta de medios e esixe que se clarifique que días e que horas a Xunta recibiu solicitudes para a retirada e neutralización dos niños de velutina en Lugo ou que seguimento están a facer dos traballos de retirada ou supresión dos niños por parte da empresa ou empresas contratadas.

Na comarca de Lugo recibimos varias denuncias de que os niños de avespa velutina non se están a retirar, “a veciñanza da rúa de Fingoi está a sufrir un verdadeiro periplo para que retiren un só niño que colga dun edificio” Este niño pon en perigo a saúde de máis de 200 familias,que están seriamente preocupadas e a Xunta de Galiza non da unha solución para a súa retirada pois alude á falla de medios, algo que a deputada nacionalista considera “inconcebibel”

Carme Aira denuncia que “dende a Xunta se ten que dar unha solución e procederse á retirada inmediata destes niños, independentemente de onde se atopen”.