Skip to main content
Lugo

A XXIII concentración nacional de Seat 600 en Lugo será o domingo 24

Por 5 Setembro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

O vindeiro 24 de setembro, organizarase unha concentración nacional de coches Seat 600 en Lugo, na que será a súa XXIII edición.

A xornada terá lugar ás 10.00 horas cunha recepción, entrega de dorsalis e lembranzas, seguido dun almorzo na praza de Santa María.

A saída será ás 12.00 horas e, unha hora despois, haberá unha visita a Muvicla, o museo do motor sarriao.

Como remate, ás 14.30 horas, haberá unha comida nunha carpa instalada na área recreativa e unha entrega de recordos aos clubes.

Para inscribirse, pódese facer no mail correo@club600lugo.com ou chamando ao teléfono 630 261 865.