Skip to main content
Lugo

Convocada unha concentración en Lugo para pedir un plan de prevención do suicidio

Por 5 Setembro, 2023Setembro 12th, 2023Sin comentarios

A veciñanza de Lugo está convocada este domingo, 10 de setembro, a unha concentración pacífica co obxectivo de demandar un plan de prevención do suicidio.

Esta manifestación está convocada pola plataforma nacional Stop Suicidios e terá lugar na cidade entre as 12.00 e as 13.00 horas diante da dirección provincial do Servizo Galego de Saúde.

Segundo explica o comunicado da asociación a provincia que lidera os datos de suicidios en España es precisamente Lugo. No ano 2022 as estatísticas indican que en todo o territorio estatal os suicidios ascenderon a 4.097 persoas mentres que “na prevención de suicidios e máis recursos públicos do Sergas estamos á cola en atención mental”. Culpan desta situación a que non se poñen medios para a contratación e formación de especialistas.