Skip to main content
Lugo

O PP propón activar o gabinete de tráfico e mellorar as sinalizacións

Por 5 Setembro, 2023Sin comentarios

O Partido Popular solicita que se reactive o gabinete de tráfico da policía local que a alcaldesa de Lugo suprimiu en 2018 explicando que “hai axentes cualificados para participar neste órgano e que a recuperación desta mesa de traballo melloraría a mobilidade na cidade”.

O vicevoceiro popular explicou que “neste gabinete se redactaban e consensuaban os plans de tráfico, a revisión de sinalización, os fluxos de circulación en zonas de nova creación, e analise das repercusións e a posta en funcionamento de novas infraestructuras”.

Afirman que dende que a alcaldesa eliminou este gabinete as decisións adoptadas “de forma unilateral sen consensuar coa Policía Local” tivo consecuencias en diferentes ámbitos, como a aparición de sinais engañosas que confunden aos condutores, como as de Benigno River, ou sinalización confusa en incorporacións (zona Medusa e fonte dos Ranchos).

Tamén critican a implantación de elementos de prevención como os ollos de gato da Rúa Nova para garantir a seguridade dos peóns “que logo se viron obrigados a retirar ou sistemas de circulación fracasados como os sinais precintados da turborrotonda do CEAO, que o goberno local implantou na intersección de Duquesa de Lugo con Benigno Rivera”.

Tamen considera deficiente a execución de infraestructuras como o carril bici “cuxo deseño tamén afecta de forma negativa á circulación”.

SALA DE CONTROL DE TRÁFICO

Outra cuestión que o Partido Popular quere que se revise é o funcionamento da Sala de Control de Tráfico que xestiona unha empresa privada.

O Partido Popular reclama que a xestión deste servizo sexa unha responsabilidade directa da Policía Local o que permitiría un tratamento directo da información e o control dos dispositivos. “Neste momento a Sala de Control de Tráfico non funciona ás noites, nin as tardes dos sábados, nin domingos , nin festivos co que a policía non pode solucionar calquera incidencia que se rexistre (cambio de frecuencia semafórica; visualización dos cruces onde hai cámaras … etc)”, din.

No PP están preocupados xa que “pola mínima participación da policía no deseño dos plans de tráfico como por exemplo o das obras de peonalización do centro pode levarnos a vivir situacións complicadas dado que convivirán co comezo da actividade nos centros escolares e cos cortes de tráfico por mor das festas patronais”.