Skip to main content
Lugo

A investigadora Aarti Tobin fala da repercusión do aumento de poboación nos alimentos

Por 5 Setembro, 2023Sin comentarios

A responsable das investigacións da área de alimentos do futuro da axencia australiana CSIRO destaca na Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias do Campus Terra da USC que os insectos e as tecnoloxías de fermentación con microorganismos constitúen dúas alternativas para garantir no futuro a provisión de alimentos.

A responsable científica da área de “alimentos do futuro” da Commonwealth Scientific and Industrial Research Organisation (CSIRO) de Australia, unha das axencias de investigación máis importantes del mundo, Aarti Tobin, advirte da necesidade de “diversificar e incrementar” as fontes de produción de proteína para poder satisfacer as necesidades alimentarias da crecente poboación mundial, cuxo número de habitantes se situará arredor dos dez millóns en 2050.

A investigador sénior dos institutos australianos CSIRO realizou estas declaracións este martes nas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC, onde ofreceu un relatorio sobre a crecente demanda de proteínas do futuro, así como respecto da estratexias que está a seguir a ciencia e a tecnoloxía para poder poder proveer de alimentos a poboación mundial.

A doutora Aarti Tobin centrou a súa intervención diante de investigadores e representantes empresariais na presentación dalgunhas das liñas de investigación que se están a desenvolver nos institutos australianos CSIRO nos ámbitos da agricultura e da alimentación en aras a satisfacer a crecente demanda de proteínas e, nun senso máis amplo, de alimentos, derivada do aumento da poboación e, en particular, da consolidación dunha clase media cada vez máis ampla.

Fronte ao reto que implica abastecer de alimentos un número de poboación cada vez maior, Tobin salientou a necesidade de aumentar a provisión de alimentos e, en particular, de proteínas. Así, alén das proteínas de orixe animal e vexetal, esta investigadora referiuse á nova fonte de obtención de proteínas que representan os insectos, así como a outras liñas de investigación que permiten producir este tipo de nutrientes a través de tecnoloxías de fermentación con microorganismos.

A responsable científica de área de alimentos do futuro a axencia de investigación australiana sinalou neste senso que CSIRO está a desenvolver diversas liñas de traballo neste eido, actuacións que van desde a mellora das materias primas, a optimización da calidade nutricional ata a activación de tecnoloxías alimentarias orientadas a desenvolver produtos con propiedades atractivas para o público consumidor. As estratexias postas en marcha desde CSIRO, precisou, responden a criterios de desenvolvemento sustentable.