Skip to main content
Lugo

O MIHL acolleu a presentación da Fundación VAC-AN

Por 9 Setembro, 2023Sin comentarios

A deputada provincial de Cultura, Iria Castro, a concelleira de Participación do Concello de Lugo, Cristina López, e a directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro acudiron á presentación do proxecto da Fundación VAC-AN (Vázquez Cereijo-Anne Nikitik) que acolleu esta tarde o MIHL.

A entidade xestionará e divulgará o legado de José Vázquez Cereijo, un dos artistas lucenses de maior recoñecemento e repercusión internacional.

Nado en 1940, xa desde neno tirou polo mundo das artes: pintura, escenografía, baile clásico …e era un habitual das charlas do Hotel Méndez Núñez con Luís Pimentel. A partir de ir a Madrid a estudiar Arquitectura e Cinematografía empeza a «construir» a súa carreira de artista (pintura, gravado, ilustración, cartelería, libros de autor …exposicións por todo o mundo e ata obra poética) e de coleccionista de arte (chegou a ter unha galería de arte onde expón a Picasso e a Miró e, tamén, aos seus amigos Gregorio Prieto e Manolo Viola). A pesar do seu «exilio» en Madrid, José Vázquez Cereijo regresa con frecuencia ao seu Lugo natal e á casa de Viveiro para retornar definitivamente no 2013. Falece en Lugo, o 16 de agosto de 2016.

O Museo Provincial de Lugo acolleu en 2019 a última grande exposición antolóxica do artista, baixo o título “Eu sempre soñei ser a miña historia”