Skip to main content
Lugo

A Hedreira inicia este sábado a programación para o mes de setembro

Por 13 Setembro, 2023Sin comentarios

O Centro Social Autoxestionado A Hedreira xa ten lista a súa programación para o mes de setembro.

O sábado 16 ás 21.30 haberá unha cea vegana como rencontro do inicio do curso. Continuarán os actos o luns día 18 cunha asamblea aberta para coñecer o centro social, ás 20.00 horas.

O xoves 21, ás 20.30 horas, haberá un cineforum e, para rematar, o luns 25, ás 19.00 horas, un novo episodio da radio fenda en directo nesta ocasión sobre migración.

Tamén continúan as actividades fixas programadas, os martes capoeira de 20.00 a 21.30, que arrancarán o día 19. O grupo de K-pop está os mércores de 17.00 a 19.00, xunto coa danza do ventre, o mesmo día de 19.00 a 20.30 horas, e os venres son as quedadas musicais, agás o día 15, que haberá unha sesión de movemento de 19.30 a 21.30. horas. Completan as actividades as aulas de galego para inmigrantes, que se imparten os mércores de 20.30 a 22.00 horas,

Todos estes cursos son gratuítos e de libre inscrición.