Skip to main content
Lugo

Lugo Monumental denuncia que a rúa do Moucho leva pechada 25 anos

Por 12 Setembro, 2023Sin comentarios

O colectivo veciñal Lugo Monumental denuncia que unha rúa do centro histórico leva pechada un cuarto de século.

En xuño do ano 1999 comezouse a rehabilitación do Pazo dos Montenegro situado fronte á Catedral de Lugo e lindeira coa Muralla Romana, ambos os elementos declarados Patrimonio da Humanidade.

Desde aquel momento a obra implicou o peche ao paso peonil da rúa do Moucho (inmediatamente paralela á propia Muralla e que forma parte de considérase o paseo interior da mesma), unha situación que se consolidou coa instalación dun valo e uns soportes para evitar o derrube da casa adxacente ao propio Vicerreitorado.

“A poucos meses de cumprirse 25 anos de parálises, a rúa segue pechada ao tránsito peonil, algo que non pode menos que causar estupor pola desidia e deixamento que as administracións implicadas están a ter respecto a este asunto. Por moito que a casa en cuestión sexa de titularidade particular, a afectación ao paso por unha rúa durante lustros converte esta cuestión nun asunto público”, explican.

E engaden que “por se isto fose pouco, o apontoamento que se aplicou á construción está apoiado na Muralla Romana de Lugo, e mesmo o valo está ancorada a este elemento, Patrimonio da Humanidade, dando unha terrible imaxe da cidade e da conservación do patrimonio común”.

O 31 de maio de 2022, fai máis dun ano, esta asociación puxo en coñecemento das administracións municipal e autonómica este asunto, “sen que a día de hoxe recibísemos contestación, e moito menos actuouse de ningún xeito sobre esta situación”.

Ante esta situación a Asociación reitera as súas denuncias e non descarta levar a cabo outras accións para lograr desbloquear este asunto.