Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo pide que se recupere a atención presencial en Urbanismo

Por 12 Setembro, 2023Sin comentarios

O PP solicita que se recupere a atención presencial no servizo de urbanismo. Esta mañá a voceira popular analizaba as conclusións da mesa de traballo de urbanismo do Partido Popular que onte recuperaba a súa actividade e na que se analizaron varias cuestións que afectan al día da día dos lucenses

Na mesa de urbanismo que se celebrou onte ademais de insistir na necesidade de recuperar a atención presencial no servizo de urbanismo se acordou pedir que “se habilite un certificado ou unha resposta por escrito vinculante na que conste o criterio que aplique o técnico que revisa o expediente dunha petición de licencia co ánimo de evitar que en sucesivos trámites o concello poida cambiar a interpretación e afectar a obra ou proxecto”.

Para os populares non pode ser que te orienten sobre como podes facer unha obra e te validen, de palabra, o que está permitido para logo, ao caer o expediente nas mans doutro técnico, se aplique outro criterio diferente ao inicial denegando o acordado co primeiro técnico”.

Reunión nas parroquias

Por outra banda, os membros do Partido Popular recuperan os encontros veciñais nas parroquias que se pararon durante os meses de verán e comezarán en Coeo.

A reunión terá lugar este mércores 13 de setembro, a partir das 19.30 horas, na escola social da localidade.