Skip to main content
Lugo

Madia Leva inicia a nova tempada de cursos

Por 16 Setembro, 2023Sin comentarios

O Centro Social da Serra de Ancares iniciou a nova tempada de cursos 2023/2024, que inclúe unha ampla variedade de actividades que comezarán en setembro e outubro.

Así hai tres tipos de cursos. O curso de pandeireta impártese os luns, en horario de 17.30 a 20.30 pola profesora Lis Latas que, ademais, será a que imparta as clases de baile, que xa comezaron, todos os luns de 19.30 a 20.30 horas.

Tamén haberá outro de gaita que se impartirá a partir de outubro polo mestre Victor Villamor.

O prezo das clases será de 20 euros ao mes e para inscribirse hai que enviar un mail a madialeva@gmail.com.