Skip to main content
Lugo

Educación valorará a competencia dos traballos nas filtracións do CEIP Menéndez Pelayo

Por 14 Setembro, 2023Sin comentarios

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades descoñece o informe elaborado polo Concello de Lugo sobre as filtracións de auga no Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Menéndez Pelayo, pero confirma a súa disposición a valorar o alcance do problema por se requirira dunha intervención.

Ata a momento entendeuse como unha cuestión de mantemento das instalacións, razón pola que o propio centro contactou co concello, responsable da conservación, para resolvela.

Técnicos da Xunta visitaron o colexio nas últimas semanas do pasado curso con motivo do proxecto para reformar a antiga vivenda do conserxe e incorporar eses espazos para uso educativo. Nesa visita tratáronse outros aspectos, entre eles a aparición de humidades puntuais, que xa tiñan comunicado ao concello para que realizaran os labores de mantemento axeitados.

O concello non remitiu á Xunta notificación algunha nin deu conta do informe no que conclúe que se precisa unha actuación de maior calado. En todo caso, a consellería avaliará a situación para decidir se existen deficiencias estruturais que aconsellen acometer obras no edificio.