Skip to main content
Lugo

Remata o Caudal Fest convocando a cita do próximo ano para o 20 e 21 de setembro

Por 18 Setembro, 2023Sin comentarios

Finalizou a quinta Edición do Caudal Fest, o máis concorrido ata o momento. En 2022 foron 30.000 as persoas que pasaron polo Caudal, mentres que este ano a cifra de asistentes sitúase en 35.000.

Segundo as estimacións municipais, “se na pasada edición a estimación valorada do retorno económico estaba en 4,5 millóns de euros, se prevé un incremento importante dese impacto. Tanto desde o punto de vista da ocupación hoteleira que foi do 100 por 100, como de outros servizos beneficiados como o comercio, a hostalería, o servizos de subministro de combustible, os de mobilidade ou de alimentación”.

Con este éxito tran fresco, xa hai datas para a seguinte edición, que será os días 20 e 21 de setembro na súa sexta edición. “Animamos xa a todo o mundo a que reserve esas datas para vir a Lugo a gozar da música, da cultura e da xente”, din desde a organización.