Skip to main content
Lugo

O domingo 22 de outubro celebrase a XXI edición do Día do Veciño en Lugo

Por 25 Setembro, 2023Novembro 9th, 2023Sin comentarios

A Federación de Asociacións de Veciños celebrará o vindeiro domingo 22 de outubro, a 21 edición do Día do Veciño no Pazo de Feiras de Lugo.

Ao longo da xornada haberá o anual partido de fútbol e a inauguración de dúas exposicións, ademais dunha actuación musical e a actuación da Escola de Baile Ritmo Lugo. Tras o xantar de confraternidade, terá lugar a entrega dos premios V de Veciño, cos que se recoñece o labor dos lucenses na dinamización e promoción da súa comarca e provincia e máis actuacións musicais e de baile como remate da festividade.

Na XXI edición do Día do Veciño, faráselle entrega dunha ‘V’ de Veciño Exemplar a Julio Molina Barthe, presidente da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais – CEAV, o Movemento Veciñal a nivel de España.

Julio Molina Barthe naceu en Badalona, e leva vinculado ao movemento veciñal desde o ano 1976. Ostentou, no pasado, o cargo de Secretario da Confederación Catalá de Asociacións Veciñais – CONFAVC; así como o de presidente -en distintas etapas- da Federación de Asociacións Veciñais de Badalona – FAVB, o cal ostenta tamén na actualidade ademais do de Presidente Nacional.

Foi elixido presidente do Movemento Nacional de España na Asemblea Xeral de CEAV celebrada os días 11 e 12 de marzo do presente ano 2023, na cidade de Badalona.

A data actual -22 de setembro de 2023-, e a falta dun mes para a celebración do Día do Veciño, xa está confirmada a asistencia de máis de 2.500 persoas.

Desde a federación veciñal animan ás mais de 300 asociacións da provincia adscritas a esta organización que comuniquen a súa participación e así chegar ao mesmo número de asistentes do ano pasado, que rondou as 5.000 persoas.