Skip to main content
Lugo

VAIA VAIA volverá celebrarse na praza de Abastos esta fin de semana

Por 22 Setembro, 2023Sin comentarios

Lugo prepárase para a terceira edición Encontro de Fanzines e Autoedición VAIA VAIA, unha proposta cultural que terá lugar esta fin de semana. VAIA VAIA é unha mostra cultural que propón explorar e descubrir o traballo artístico de particulares e asociacións de xieto participativo, colorista, amable e culturalmente aberto e activo.

Durante dous días Lugo acollerá unha feira do fanzine e da autoedición, unha reunión pública e aberta a todas as persoas interesadas nas publicacións independentes e autoxestionadas. “Con esta iniciativa queremos abrazar o amateur e abrir as portas ás creadoras de Lugo que aínda non se deron a coñecer ou que nunca se atreveron a participar nun evento destas características”, engadiu Maite Ferreiro.

O punto de encontro principal de VAIA VAIA será o mercadiño de fanzines que se ubicará na praza de Abastos. Ao mesmo tempo, organizaranse distintas actividades para abarcar contidos que supoñan mergullarse na linguaxe da ilustración, a creación literaria, o grafismo e as artes visuais. Tamén se contará con distintas actuacións musicais para completar a programación do evento.