Skip to main content
Lugo

Cantigas e Flores celebra a Feira do 48 do seu 75 aniversario tralo seu aprazamento

Por 23 Setembro, 2023Setembro 24th, 2023Sin comentarios

O quiosco da música da Praza Maior de Lugo será o escenario entre hoxe e mañá dunha selección de actividades de música, baile, gastronomía, artesanía e vellos oficios.

A Asociación Cultural Cántigas e Frores organiza, co apoio das áreas de Cultura da Deputación e do Concello de Lugo, unha nova edición da Feira do 48, que se celebrará esta fin de semana na Praza Maior de Lugo logo de ter que se aprazada polo mal tempo.

Coa premisa de revivir o ambiente das feiras de antano, Cántigas e Frores programa dúas xornadas de actividade ao redor da música e do baile tradicional con actuacións e ruadas das súas propias formacións e doutros grupos de referencia como Os Carunchos ou Cantigas e Agarimos

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro animou “a todas lucenses e visitantes a desfrutar da Feira do 48, que se celebra nun lugar emblemático da cidade como é o quiosco da música“ e lembrou “o éxito de pasadas edicións para anticipar unha gran participación”.

A Feira do 48 toma como referencia cronolóxica o 1948, ano da fundación de Cántigas e Frores, que desde aquela ven traballando na promoción da música e do baile tradicional desde distintos eidos, incluída a ensinanza.

Programa Feira do 48 2023

SÁBADO 23

  • 11:48 Apertura feira
  • 12:48 Pregón
  • 13:48 Concerto do Coro Galego de Cántigas e Frores
  • 18:48 Actuación do Grupo de Baile de Cántigas e Frores
  • 19:48 Ruada co Grupo de Cantareiras de Cántigas e Frores, Murga de Cántigas e Frores e Pandereteiros de Cantigas e Agarimos

DOMINGO 24

  • 11:48 Apertura da Feira
  • 11:48 Pasarrúas
  • 12:48 Concerto das Zanfoneiras de Cántigas e Frores
  • 18:48 Concerto Banda de Gaitas de Cántigas e Frores
  • 19:48 Ruada co Grupo de Cantareiros de Cántigas e Frores e Os Carunchos