Skip to main content
Lugo

Adega e a UNED recollen máis de 400 kilos de lixo do río

Por 26 Setembro, 2023Sin comentarios

Despois do éxito das xornadas de limpeza simultánea organizadas ao longo dos anos, voluntarios da UNED de Lugo e de Coidemos Lugo recolleron máis de 400 kilos de lixo, esencialmente toalliñas e plásticos. Toda unha satisfacción compartida a xornada de voluntariado ambiental ao carón do Río Miño.

Trátase dunha actividade de voluntariado ambiental que tivo lugar onte na zona do río Miño situada ao carón da UNED, tramo de río que está apadriñado pola UNED de Lugo no marco do Proxecto Ríos de Adega. Durante a xornada, dunha duración aproximada de 3 horas, preto de vinte voluntarios limparon residuos atopados na zona contribuíndo á súa conservación.