Skip to main content
Lugo

O PP califica de “pobre” o balanzo dos primeiro cen días de goberno

Por 26 Setembro, 2023Sin comentarios

A voceira do Grupo Popular valora os primeiros  100 días do bipartito dende a investidura que se veñen de cumprir. Candia afirma que o balanzo dos primeiro “é moi pobre” e que os lucenses seguimos cos mesmos problemas.

Para os populares este período de tempo foron “100 días dun novo goberno pero realmente foron 100 días do mesmo” destacando entre outras cuestións “que son incapaces de atallar a falta de seguridade nos barrios onde continuan os problemas de orde público.

“Seguimos sen saber se a execución da sentenza que obrigou a tirar o Garañón se cumpre e se restitúe ao estado orixinal previo a construción, asemesmo o custe do derribo das torres segue sendo unha incerteza”, engaden.

Afirman que seguen sen atención presencial en urbanismo e cun bloqueo da resolución de licenzas de obras e que falta de xestión á hora de resolver os contratos caducados. Engaden tamén que o novo auditorio de Magoi segue pechado e que ouro verán Lugo estivo sen praia fluvial.

A voceira popular tamén salientou como os 100 primeiros días serviron para descubrir algunha “das mentiras do bipartito sobre diferentes macro proxectos xa que coñecíamos que renunciaron aos fondos europeos para o Cuartel de San Fernando e a protectora”.

Con respecto ao traballo da oposición Candia defendeu que “mantemos un traballo cosntrutivo, riguroso e con moita ilusicón porque os lucenses nos trasladades o necesarios que somos para construir o Lugo que merecen”.