Skip to main content
Lugo

Todo preparado para abrir a nova oficina do SEPE no barrio da Residencia

Por 28 Setembro, 2023Sin comentarios

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou esta maña o investimento que fixo o Goberno de 1.227.000 euros, así como a cesión de terreos das instalacións da antiga Escola de Enfermería que foron cedidas gratuitamente pola Tesourería Xeral da Seguridade Social para a nova oficina do SEPE no barrio da Residencia. A nova oficina integrará as dúas que están actualmente ubicadas na rúa Campos Novos e Río Cabe.

A subdelegada, Isabel Rodríguez, acompañada do Concelleiro de Cohesión Territorial, Miguel Fernández; a directora provincial do SEPE na provincia da Coruña e coordinadora territorial do organismo en Galicia, Estefanía Pita, e o director do INSS na provincia, Juan José Rodríguez, visitaron este espazo subliñando a importancia destas dúas subvencións, concedidas por separado polo traslado de cada unha das oficinas, co obxectivo de adecuar e reformar as instalacións da cidade. A subdelegada apuntou que “esta subvención permite ter un novo centro de servizos de emprego moderno e eficiente en Lugo, esencial para a vida dos cidadáns”.

Con esta achega, garántese un acondicionamento axeitado das infraestruturas, solucionando problemas relacionados coa insuficiencia do espazo, tanto para persoal como para usuarios do servizo, a climatización, o mobiliario ou a mellora de sinalizacións e seguridade, entre outros.

Servizo esencial

O Servizo Público de Emprego Estatal é un organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Traballo e Economía Social. O SEPE, xunto aos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, realizan os trámites para prestacións por desemprego para 8.268 lucenses actualmente, así como a procura de emprego para os 12.190 persoas desempregadas na provincia.