Skip to main content
Lugo

Presentan a nova edición da feira gandeira ExpoLugo Rural

Por 29 Setembro, 2023Setembro 30th, 2023Sin comentarios

A área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa a feira agroganderia ExpoLugo A Rural, que se celebrará do 6 ao 8 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e que se extenderá á cidade co tradicional Desfile de Gando, que lembra a orixe gandeira do San Froilán.

O deputado de Medio Rural Daniel García e o xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo Rubén López, acompañados por representantes das asociacións gandeiras Asoporcel, Boaga, Avimós, Ovica e Puraga, presentaron o programa da feira, que inclúe unha mostra gandeira con exemplares dunha vintena de razas autóctonas galegas e foráneas, así como certames e diferentes actividades formativas e lúdicas ao redor do gando.

Daniel García explicou que “a feira amosa e reivindica o papel central que o sector agrogandeiro ten no desenvolvemento económico e social de Lugo e de Galiza, e tamén no mantemento do territorio e da paisaxe” e agradeceu a “o traballo desenvolvido ao longo destes meses na elaboración do programa, froito dun traballo coordinado no que participaron as asociacións gandeiras e as entidades participantes na feira, achegando a súa experiencia e coñecementos”.

O responsábel provincial destacou “a importancia de actividades lúdicas coma os concursos e exposicións fotográficas e os obradoiros e xogos dirixidos a nenas e nenos, que poñen en valor a actividade gandeira para toda a cidadanía e que contribúen a manter o orgullo do rural”

O Desfile de Gando de Razas Autóctonas na contorna da Praza Maior de Lugo, o venres 6, ás 18.00 horas, será o prólogo da feira que se inaugurará oficialmente o sábado 7, ás 12.15 horas, coa presenza das seguintes razas, galegas e foráneas:

  • Bovino: Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Rubia Galega e Charolesa.
  • Ovino: Ovella Galega, Charolesa, Suffolk, Inra 401, Romanoff, Texel negra e Sasi Ardi.
  • Caprino: Cabra Galega e Boer
  • Porcino: Porco Celta
  • Aves: Galiña de Mos e Galiña Piñeira
  • Equino: Pura Raza Galega e Pura Raza Árabe.
  • Cans: Can de Palleiro

Na cafetería do Pazo de Feiras, ofreceranse menús especiais con produtos de razas autóctonas, que pretenden promocionar o consumo destes alimentos de calidade.

PROGRAMA

O venres abrirase o programa ás 16.00 horas co curso de formación en materia de benestar animal para conductores de transporte de animais vivos organizado por Foagro da Xunta de Galicia. Ás 18:00 terá lugar o desfile de gando de Razas Autóctonas polas rúas de Lugo.

SÁBADO 7

10:30h-11:15h Xornada Técnica de Ovino e Caprino: Xestión de pastos e pastoreo por Xan Pouliquen, enxeñeiro agrónomo e agroecólogo. Organizado por OVICA e ADSG ACIVO.

11:00h Exposición das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega organizada pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia.

11:00h Exposición fotográfica: “Crónica da pegada do Porco Celta en Galicia, testemuño en imaxes da historia recente da única raza porcina autóctona galega” organizada pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta – ASOPORCEL.

11:00h Exposición exemplares da Raza Porco Celta organizada pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta – ASOPORCEL. 1

1:00h-13:00h Prácticas de valoración morfolóxica dos exemplares do XV Curso de Xuíces da Raza Rubia Galega organizada por ACRUGA

11:00h-14:00h Valoración dos exemplares do V Concurso-Exposición Monográfico Provincial da Raza Porco Celta organizada pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta – ASOPORCEL.

11:00h-14:00h Valoración das aves do VIII Concurso-Exposición Monográfico Provincial da Galiña de Mos organizado pola Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos – AVIMÓS.

11:00h-20:00h Curso de formación para xa inscritos de Capacitación en materia de benestar animal para conductores de transporte de animais vivos organizado por FOAGRO de la Xunta de Galicia

11:30h-12:15h Xornada Técnica de Ovino e Caprino: Novidades en lexislación vixente sobre medicamentos e outras normativas por Ana Jamardo, veterinaria de ADSG ACIVO. Organizado por OVICA e ADSG ACIVO.

12:15h INAUGURACIÓN EXPOLUGO A RURAL 2023

12:45h-13:15h Exhibición cans para pastoreo e manexo de gando organizado por Acapagal e Ovica. 1

2:30h-14:30h Xornada Técnica de Ovino e Caprino: Nematodos gastrointestinais do gando ovino en Galicia. Estratexias de control sostibles por Marta González, doutora en veterinaria e investigadora do Laboratorio de Parasitoloxía do CIAM – Xunta de Galicia. Organizado por OVICA e ADSG ACIVO.

13:00h Entrega de diplomas e clausura do XV Curso de Xuíces da Raza Rubia Galega organizada por ACRUGA

16:30h-17:30h Xornada Técnica de Ovino e Caprino: Situación actual da Lingua Azul, por Gonzalo Fernández, doutor en veterinaria, profesor da Área de Sanidade Animal da USC e decano da Facultade de Veterinaria. Organizado por OVICA e ADSG ACIVO.

18:30h Exhibición cans para pastoreo e manexo de gando organizado por Acapagal e Ovica.

DOMINGO 8

11:00h Exposición das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega organizada pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia

11:00h Exposición fotográfica: “Crónica da pegada do Porco Celta en Galicia, testemuño en imaxes da historia recente da única raza porcina autóctona galega” organizada pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta – ASOPORCEL.

11:00h Exposición exemplares da Raza Porco Celta organizada pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta – ASOPORCEL.

11:30h Charla divulgativa, taller de debuxo e xogos organizado polo Club Raza Can de Palleiro

12:00h Coñecendo o cabalo PRG organizado pola Asociación de Criadores de cabalo de Pura Raza Galega – PURAGA

17:00h Entrega do Premio Promesa do ano e Femia do ano organizado polo Club Raza Can de Palleiro

17:00h Coñecendo o cabalo PRG organizado por PURAGA (45 min)

17:30h Recoñecemento ós colaboradores destacados organizado polo Club Raza Can de Palleiro

18:00h Entrega de premios do V Concurso-Exposición Monográfico Provincial da Raza Porco Celta organizada pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta – ASOPORCEL.

18:30h Entrega de premios do VIII Concurso-Exposición Monográfico Provincial da Galiña de Mos organizado pola Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos – AVIMÓS.