Skip to main content
Palas de Rei

Ameijide esixe ao goberno provincial a mellora da LU-P-4011 en Palas de Rei

Por 1 Setembro, 2023Sin comentarios

O voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, esíxelle ao presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, “un trato igualitario con todos os veciños da provincia” tras comprobar o mal estado da estrada provincial LU-P-4011 no municipio de Palas de Rei acompañado pola viceportavoz, Carmen José López, e o alcalde do municipio, Pablo Taboada.

O popular defende que “os veciños de Palas de Rei teñen dereito a ter as estradas provinciais nun estado transitable”, pero na actualidade “esta vía titularidade da Deputación que comunica o cemiterio cos núcleos de Tarrio e Burdallos é un campo de baches, practicamente intransitable” polo que fai necesario que os seus usuarios practicamente teñan que parar os seus vehículos nalgúns puntos. Incluso  “teñen que arrimar ata pasar polas cunetas porque o firme está desfeito”.

“Todos os lucenses sabemos que para José Tomé solo existe Monforte e os concellos amigos do PSOE e do BNG, pero hai moito máis na provincia de Lugo. Por iso esixímoslle ao presidente da Deputación que conte toda a provincia e que o goberno da institución provincial traballe para todos”, sentencia Ameijide.

Recentemente os populares demandaban tamén a mellora da estrada LU-P-4001 que une Pedraza e Coto e que no límite coa provincia da Coruña coincide co Camiño Francés debido a que o seu firme presenta deficiencias e os peóns e peregrinos teñen que camiñar polas marxes sen acondicionar. O Grupo Provincial Popular insta ao goberno da Deputación a manter a vía en condicións de seguridade. Concretamente, piden a renovación do asfaltado, o ancheamento da vía e a habilitación de cunetas practicables para garantir a seguridade dos peregrinos e proxectar unha boa imaxe do Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo.