Skip to main content
Portomarín

‘Contos na Escada’ chega á Praza do Camiño, en Portomarín, o sábado

Por 21 Setembro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado 23 deste mes, ás 17.30 horas, chega a Portomarín a obra de teatro Contos na Escada, da man de Alentía Teatro.

Ademais de ser totalmente gratuíta e apta para todos os públicos, é unha maneira de achegar o teatro ao público en xeral, sobre todo a aqueles lugares, vilas pequenas e aldeas de Galicia, onde as grandes producións non chegan.

Será na Praza do Camiño ou, no caso de choiva, na casa da cultura.

Contos na Escada é un espectáculo que se vertebra ao redor de catro historias que Benilde, unha muller maior dunha aldea de Palas de Rei, contou nos chanzos dunha escada mentres subía retellar unha palleira, cun anaco de pan nunha man e cun pouco de queixo na outra.