Skip to main content
Portomarín

Aberta a inscrición das clases de música e baile tradicional do colectivo Río Miño

Por 27 Setembro, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Río Miño abre a inscrición para as súas clases de gaita, percusión, pandeireta e baile tradicional desde curso 2023-2024.

Serán todos os sábados, a partir do 14 de outubro, de 11.30 a 13.30 horas, na casa da cultura, e poden asistir todas as personas que queiran, desde os rapaces de máis de catro anos.

Para inscribirse, pódese facer a través do mail acriominhoportomarin@gmail.com, no teléfono 722 109 015 ou nas súas redes sociais.