Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

A Serra do Courel acollerá diferentes actividades para celebrar o 35 aniversario da asociación Val de Néboa

Por 30 Setembro, 2023Outubro 1st, 2023Sin comentarios

O Grupo de espeleoloxía, montaña e aire libre Val da Néboa celebra o seu 35 aniversario na Serra do Courel os vindeiros 12, 13, 14 e 15 de outubro e no que colaborará o Xeoparque Montañas do Courel.

Desde o grupo defenden que “debemos organizar unha xuntanza na que poidamos participar todos os que formamos o club, pero tamén os que algún día fostes parte del e será benvido todo aquel que quiera pasar un bo rato connosco”.

Así, no lugar elixido, a Serra do Courel, organizarnse actividades nas covas da zona, tanto verticais como horizontais, pero tamén rutas a pé ou en bicicleta.

Así, din que “se alguén non ten licenza de federado, pero quere participar nas visitas das covas, ten a opción de tramitar unha licenza temporal válida para uns determinados días. Tamén, se vos xuntades un grupo de xente, existen varias opcións para poder coller os servizos de rutas, interpretadas con guías de montaña que desenvolven alí o seu trabalo”.

Por outra parte, din que tamén se poden visitar os museos de Quiroga, o Museo Xeolóxico, Museo Etnográfico ou Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana, e o Centro de interpretación das covas de Meiraos.

Outras actividades

O xoves será a recepción de participantes na praza frente o Concello de Folgoso, haberña unha charla de benvida e explicación do programa, e pola tarde actividades en cavidades.

Pola súa parte, o venres 13 de outubro terán lugar as visitas ao Museo Xeolóxico en Quiroga e ao Centro de interpretación da Minería Romana en San Clodio. Tamén terá lugar unha ruta polo Río Pequeno dende Seoane a Meiraos guiada por Guillermo

Aira de Coureleando e unha visita ó Centro das Covas en Meiraos para acabar o día.

Xa o sábado, 14 de outubro, abrirase unha exposición fotográfica e haberá charlas no salón de actos do Concello de Folgoso, tanto pola mañá como pola tarde. Por último, terá lugar á noite unha churrascada conxunta.

Por último, o domingo 15 de outubro, demontarase todo e despediranse aos participantes, que rematarán esta iniciativa cun xantar libre.