Skip to main content
Chantada

As persoas interesadas nas actividades das Escolas Deportivas de Chantada aínda poden apuntarse

Por 20 Setembro, 2023Sin comentarios

Comezan as Escolas Deportivas de Chantada 2023/2024, que acollen 18 actividades para rapaces e rapazas durante todo o curso lectivo, rematando o mes de xuño do 2024.

As actividades son fútbol sala, fútbol, bádminton, natación, bailes de salón, pádel, xadrez, tenis de mesa, multideporte, patinaxe artística, baloncesto, tenis, billar, ximnasia rítmica, escola de porteiros, psicomotricidade e patinaxe.

Ademais, os adultos poderán desfrutar doutras dez, que sonfútbol sala, bádminton, sendeirismo, baloncesto 3×3, educación física e cardio, ximnasia suave e de mantemento, tenis, fútbol 11 veteranos, bailes de salón e xadrez.

Por último, haberá cinco para xubilados ou maiores de 60 anos, que son ximnasia, ximnasia suave, sendeirismo, bailes de salón, bádminton; e unha adaptada para os colectivos de traballo e protección social Asdeme Chantada e Albores Saúde Mental, que é actividade física e deportes adaptados.

Os novos usuarios que o desexen poderán probar (gratis e sen compromiso) durante unha semana calquera actividade e o Concello de Chantada permite a inscrición de rapacess e adultos doutros concellos sen sobrecusto algún.