Skip to main content
Folgoso do Courel

‘Os coidados no Courel’ ofrecen novos obradoiros no mes de setembro e outubro

Por 10 Setembro, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

Os equipos sanitarios do Courel veñen de presentar as actividades no marco de ‘Os coidados no rural’, un proxecto de saúde comunitaria que pretende abordar os malestares que teñen que ver coa tarefa de coidar.

Xa durante o mes de agosto realizaron dous talleres, un sobre coidados para persoas de fala árabe, adaptado á realidade de coidadoras internas de orixe marroquí que traballan no Concello, e un taller práctico para a mobilización de persoas dependentes, trucos para na casa, como recoñecer úlceras e exercicios de mantemento.

Desta maneira, queren seguir coa actividade promovendo que as persoas interesadas poidan apuntarse nos cursos que teñen organizados para setembro e outubro.

O obradoiro “Quen coida ás que coidan? Taller sobre os malestares do traballo de coidar” terá lugar os xoves pola tarde, de 16.30 a 18.30 horas, do 21 ao 19 de outubro. Neste, falarase sobre como se coidan as persoas que coidan, un taller que pode servir de axuda para entender o malestar que acompaña a quen pasa moitas horas coidando, e a pensar en outras formas de melloralo grazas á ponente, Tania Salgado Espinosa.

Por outra banda, impartiranse dous talleres antirracista, un para veciñas e veciños o 19 setembro de 17.00 a 18.30 horas en Seoane do Courel e da man da organización SOS-Racismo Galicia, no que nos falarán de racismo e discriminación en Galicia; e un para persoal socio-sanitario o mesmo día e no mesmo lugar pero de 13.30 a 15.00 horas.