Skip to main content
Folgoso do Courel

Continúan as I Xornadas de Desenvolvemento Rural no Courel con proxectos de turismo sostible

Por 24 Setembro, 2023Sin comentarios

As I Xornadas de Desenvolvemento Rural Do Imposible ao Posible, organizadas pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel, contaron co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, inauguradas polo deputado de Medio Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, quen inaugurou o evento na Estación Científica de Seoane do Courel.

Daniel García sinalou que “o apoio ao intercambio de experiencias e a vontade de crear rede entre as persoas que apostan por desenvolver a súa actividade profesional e vital no rural é un do eixos dos proxectos impulsados desde a área de Medio Rural, porque compartimos a idea de que queda moito por facer para o desenvolvemento pleno do potencial existente no rural, tamén nos espazos de montaña”.

Ao longo da xornada, orientada ao intercambio de recursos, experiencias e coñecemento entre persoas interesadas en desenvolver iniciativas produtivas e vitais no rural, interviron representantes de proxectos de transformación agroalimentaria en distintos puntos de Galiza como Mel de Outurelos, Amarelante, Cervexas Píntega ou A Carqueixa.

Tamén de proxectos comunitarios que impulsan iniciativas colectivas de aproveitamento do territorio e de comercializacion de produtos agroalimentarios, como a Comunidade de Montes en Man Común de Carballo ou a Asociación de Gandeiros de A Fonsagrada, ou a Asociación Galega de persoas e entidades comercializadoras Terra.

Durante o día de hoxe, as xornadas continúan cun espazo de networking e unha mesa con proxectos de turismo sostible co participación de Jimena Santalices de Cabanas Ancares, Lourdes Abuíde de Casa Chaín e Lucía Canoura de Lugar das Marías.