Skip to main content
Folgoso do Courel

Máis de 140 persoas porán a música na V edición dos Cantos de Taberna do Courel

Por 28 Setembro, 2023Setembro 29th, 2023Sin comentarios

A asociación Buraca das Grellas de Teixeira do Courel organiza este sábado, 30 de setembro, a V edición dos Cantos de Taberna do Courel desde as 19.00 horas e que se desenvolverá ata despois da foliada final, que comezará ás 23.00 horas no bar Anduriña de Seoane.

Nesta quinta edición, contarase con 14 agrupacións e máis de 140 participantes, que tocarán desde as 19.00 en sete locais do Concello de Folgoso do Courel, que son o bar Pombo, o bar Anduriña, o bar Rafael, o Acampamento, O Pontón, o bar Pepe e a Cova das Mouras.

Desde a Asociación animan a todos os veciños e veciñas a que participen e tamén a todas as persoas de fóra que estean interesadas en escoitar a música de raíz “nun lugar previlixiado como é o Courel”, defenden.