Skip to main content
A Pobra do Brollón

Volve o cine galego do Ciclo Mestre Mateo á Pobra do Brollón

Por 15 Setembro, 2023Setembro 22nd, 2023Sin comentarios

Tras a pausa do verán, volve o Ciclo Mestre Mateo para amosar o mellor cine galego actual na Pobra do Brollón.

A primeira proxección será este domingo 17 de setembro ás 19.00 horasna Casa da Cultura Olga Novo, co filme A foreign song, dirixido por César Souto.

Trátase dun documental realizado a partir de poemas e cartas do poeta estadounidense Wallace Stevens. A foreign song foi finalista a Mellor documental, Mellor dirección de fotografía e Mellor dirección de produción nos XXI Premios Mestre Mateo.

O Ciclo Mestre Mateo é impulsado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pobra do Brollón.

As seguintes proxeccións programadas son:

  • O corpo aberto. Domingo 1 de outubro.
  • María Casares. A muller que viviu mil vidas. Domingo 15 de outubro.
  • Unicorn wars. Domingo 29 de outubro.
  • Onde máis doe. Domingo 12 de novembro.
  • No somos nada. Domingo 26 de novembro.