Skip to main content
A Pobra do Brollón

A Casa da Cultura Olga Novo acollerá a exposición ‘O peso do tempo’ de María Mirón

Por 23 Setembro, 2023Setembro 24th, 2023Sin comentarios

O Concello da Pobra do Brollón organiza a inauguración dunha exposición realizada por María Mirón, ‘O Peso do Tempo’, que consiste nunha serie de fotografías de aspectos da natureza.

A exposición, concretamente, pon o foco nas persoas usuarias e auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar da Pobra do Brollón, xa que María Mirón é veciña do municipio e auxiliar de SAF.

O vindeiro domingo, 1 de outubro, terá lugar esta inauguración ás 11.30 horas no salón de actos da Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e desde o Concello convidan a todas as persoas interesadas a que participen.