Skip to main content
Quiroga

Unha festa de inchables na piscina municipal de Quiroga puxo o broche final aos campamentos

Co fin de agosto, remataron tamén os campamentos deverán de Quiroga, que se celebraron durante os meses de xullo e agosto e nos que participaron preto dun cento de nenas e nenos do municipio.

Así, durante estes meses, os máis pequenos do Concello desfrutaron de xogos, obradoiros, manualidades, deportes ou piscina, así como visitas dos grupos de emerxencias municipais e da Guardia Civil, e coa supervisión de 13 voluntarios e unha coordinadora que se ocuparon do coidado dos rapaces durante as horas de campamento.

Para rematar esta iniciativa, os participantes recibiron a visita do alcalde e dos concelleiros de Educación e Infancia e Xuventude durante a festa de despedida, que acolleu inchables na piscina municipal.